1 fotografía(s) salón ou imperial : Positivo en branco e negro ; 170 x 122 mm., sobre cartón de 300 x 241 mm. Bo.
0
Mención de responsabilidade, no anverso do soporte secundario, cuño de tinta: `Juvenal J. Pereira / Photographo / Mendes E.F.C.B.`
Retrato dun pai coas dúas fillas e un fillo. O pai, de pelo curto e bigote, está sentado no centro, vestido cun traxe de chaqueta escuro cunha gran gravata de lazo. No colo leva a nena máis pequena, de pelo moi curto e cun vestido de manga curta. Á dereita está a outra nena, sentada nunha cadeira de respaldo alto, tamén de pelo moi curto e cun vestido de manga curta adornado cun gran colo branco. Á esquerda está o neno, montado nun triciclo, con gorra, chaqueta branca e pantalón curto de cadros. Detrás, un pano de fondo no que só se distingue unha barandilla de pedra pintada.