Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.32.01.//FLL/Foto-19//04


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

FLL/Foto-19//04

1.2. Título

[Retrato feminino]

1.3. Datas

1865, ca

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 92 x 56 mm. sobre cartón de 103 x 62 mm. Papel. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Segond, Eliseo, 1831-d.1892?, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)

2.2 Historia Institucional/Biografía

Eliseo Segond chega a Santiago en 1865, instalando o seu estudio fotográfico na rúa do Hórreo, posiblemente no mesmo establecemento que María Cardarelly, da que quizais foi socio ata finais de ese ano. A partires desa data, trasládase, xa en solitario, á rúa da Zapatería Vella (hoxe Cardenal Payá) onde permanecerá ata finais de 1867 ou principios de 1868; despois, instálase na Rúa do Vilar. En 1872 marcha a Pontevedra e en 1878 a Vigo.

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Avelina e Eumelia Lojo Lestón
Data do ingreso
2014

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida ao estilo romántico cun traxe escuro de corpo axustado e unha gran saia de moito voo. Vai peiteada cun recollido baixo á altura da caluga. Sobre o corpo do vestido destacan en cor branca un colo de camisa, un cinto e un broche a altura do peito. Nos puños leva un adorno bordado. Leva a súa man dereita apoiada nunha cadeira isabelina de respaldo ao aire tallado con decoración vexetal.

No reverso, mención de responsabilidade: `Fotografía de / E. Segond / Calle del Orrio (sic) / Santiago`

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

6.1 Nota xeral

As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

A Coruña-Porto do Son

Indumentaria - moda internacional
Fotografías

8.9. Datos adicionais. Cobertura

A Coruña-Porto do Son

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0001976FLL/Foto-19//04Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible