Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

[Retrato feminino]
1890 / 1900 1890
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 85 x 53 mm. sobre cartón de 102 x 61 mm. Papel. Regular. Fotografía despegada en parte do soporte de cartón.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No anverso, mención de responsabilidade, impresa: `M. Chicharro Rúa Nueva 34 / Santiago`
Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida de escuro ao estilo da belle epoque. Leva o pelo recollido nun moño na parte superior da cabeza. O corpo do traxe é axustado, adornado con satén no colo, na abertura e nos puños; a faldra vai adornada no dianteiros cunha peza de damasco. Leva as mans agarradas á altura da cintura, co seu brazo dereito apoiado nunha especie de cómoda neogótica cun espello na parte superior. Detrás, un pano de fondo cunha parede cun zócalo panelado.
FLL/Foto-19//11
Mostrar nivel inferior