Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

[Retrato infantil]
1885
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 94 x 55 mm. sobre cartón de 102 x 61 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No anverso, mención de responsabilidade, impresa: `Eug. Mora Ferrol`
No reverso, mención de responsabilidade, impresa: `Fotografia / de / Eugenio Mora / Dolores, 16 / Ferrol
No reverso, mención de responsabilidade do cartón: `D. Hutinet Paris`
Retrato de corpo enteiro dunha nena cun vestido de cor clara e unhas botas brancas. Está de pé sobre un banco apoiando a súa man sobre a parte superior do brazo do banco, que remata na parte baixa na cabeza dun león. Detrás, un pano de fondo cunha paisaxe pouco visible.
FLL/Foto-19//19
Mostrar nivel inferior