Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.32.01.//FLL/Foto-29//10


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

FLL/Foto-29//10

1.2. Título

[Retrato feminino]

1.3. Datas

1890 / 1900

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) cabinet : Positivo en branco e negro ; 136 x 95 mm. sobre cartón de 167 x 108 mm. Papel. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)

Lorh y Morejón, Litógrafos (Madrid)

2.2 Historia Institucional/Biografía

Fotógrafo e intelectual galego que participou na sociedade do seu tempo (foi membro da Sociedade Económica de Amigos do País) e na política municipal de Compostela.
Aprendeu o oficio desde moi novo na Coruña co maestro, Luis Sellier. En 1877 abre estudio fotográfico en Santiago, destacando como retratista de gabinete e como fotógrafo comercial inmortalizando, entre outras cousas, os fondos artísticos e documentais do museo da catedral, incluído o Códice Calixtino.
Algunas das súas fotografías foron premiadas en exposicións de carácter internacional, como a Exposición Universal de París, en 1889, ou a de Chicago en 1893.
Destaca a súa obra `Compostela monumental` de 1884, un porfolio con vintecatro fotografías da cidade acompañadas dun texto do historiador Bernardo Barreiro; considerada o primeiro libro de fotografías impresas editado por un fotógrafo galego en Galicia.
Colaborou con publicacións da época, como a revista Galicia Moderna, editada en Pontevedra.
Poseía o título honorífico de fotógrafo da Real Casa otorgado polo rei Afonso XII e condecorado coa Cruz de Isabel a Católica

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Avelina e Eumelia Lojo Lestón
Data do ingreso
2014

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Retrato de busto dunha muller co pelo peiteado para atrás, cun tupé na parte alta de fronte. Vai vestida de escuro cun corpo dun traxe adornado con agremán bordado nas lapelas e no colo, debuxando rombos.

No anverso, mención de responsabilidade, no lado inferior do soporte secundario: `M. Chicharro`
No reverso, mención de responsabilidade, litografada: `M. Chicharro Bisi / Fotógrafo / Rúa Nueva / 34 / Santiago`
No reverso, mención de responsabilidade do cartón: `Lohr y Morejon - Madrid`
No anverso, nota manuscrita: `A mis primas del Son, la que les quiere, Ángela`

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

A Coruña-Santiago de Compostela

Indumentaria - moda internacional
Fotografías

Lorh y Morejón, Litógrafos (Madrid)

8.9. Datos adicionais. Cobertura

A Coruña-Santiago de Compostela

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0000123FLL/Foto-29//10Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible