[Debuxo do brazalete de Monte dos Mouros e dous aros]
[S.n.]
1956
1 folla(s) : Debuxo a rotulador ; 16.2 x 22.2 cm. Papel. Bo.
0
O brazalete foi atopado no castro de Monte dos Mouros, no concello de Melide; os aros, nun castro nas proximidades de Lugo cidade.
As pezas da cultura castrexa formaron parte da colección de Blanco Cicerón.
Os números cos que van identificados, correspóndense cos números do `Catálogo da Colección de Ourivaría Prerromana en Galicia propiedade dos herdeiros do Sr. Blanco Cicerón`. Pelai Mas Castañeda (1891-1954), fotografou as pezas de ourivaría da colección Blanco Cicerón en 1919.
Manuscrito: Foto Mas / Barcelona / nº C-31042 Manuscrito: Santiago-Coruña / Col. Blanco-Cicerón / Brazaletes de oro / Época celta / Nº2 Nº3 Nº 1
Debuxo de dous aros ríxidos, circulares case pechados e un brazalete con catro aros en relevo ou de tipo `gallonado`.