1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./03.06.//CFX/Foto-26//13
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
CFX/Foto-26//13
1.2. Título
[O vello da zanfona]
1.3. Datas
1924
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 402 x 303 mm. Papel. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Pintos Amado, Joaquín, 1881-1967, Fotógrafo . (Pontevedra )2.2 Historia Institucional/Biografía
Pintos foi un fotógrafo galego que mercou a súa primeira cámara de fotos con 18 anos, sendo alumno de Francisco Zagala. Iniciouse como fotógrafo ambulante polo rural da comarca, establecéndose despois no centro da vila de Pontevedra, na rúa Michelena. Xubilouse en 1965, e foi mestre de José Veiga Roel.
2.4. Forma do ingreso
Doazón.
Museo de Pontevedra
1993
3.1. Alcance e contido
Retrato de algo máis de medio corpo dun home de avanzada idade, de barba branca e sen bigote, cunha zanfona nas mans. Viste un sombreiro de copa redondeada e aba ancha, cos laterais domeados cara arriba, e un blusón castelán cun chaleco negro por riba. Sobre o ombro dereito apoia unha vara. Leva pendurada a zanfona do seu lado dereito, coa man dese lado collendo o veo que acciona a roda; a man esquerda vai pousada sobre a caixa cos dedos postos sobre o teclado.
Mención de responsabilidade, sinatura, no ángulo inferior esquerdo: `Pintos / Pontevedra`
3.2. Valoración, selección e eliminación.
Non está prevista ningunha eliminación
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
6.1 Nota xeral
Trátase dunha copia ampliada da fotografía orixinal, que é propiedade do Museo de Pontevedra. Foi cedida ao MPG para ser utilizada na Sala dos Instrumentos Musicais. Esta fotografía non se atopa baixo dominio público. Contido non dispoñible por dereitos de autor. Non está permitida a súa visualización pública nas plataformas web do MPG nin a cesión a terceiras persoas para a súa reprodución. Non está permitida a súa visualización pública nas plataformas web do MPG nin a cesión a terceiras persoas para a súa reprodución.
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Pontevedra Instrumentos musicais8.9. Datos adicionais. Cobertura
Pontevedranº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000029 | CFX/Foto-26//13 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |