1 fotografía(s) cabinet : Positivo en branco e negro ; 137 x 95 mm. sobre cartón de 162 x 109 mm. Papel. Bo.
0
Bernhard Wachtl, autor do cartón, foi un litógrafo austríaco, cuxa imprenta tiña a súa sede en Viena. A súa obra está datada principalmente na segunda metade do século XIX e se pode rastrexar tanto en Austria como en paises mediterráneos.
No anverso, mención de responsabilidade, litografado: `M. Reguera. Villagarcía` No reverso, mención de responsabilidade do cartón, litografada: Bernh Wachtl Vienna No reverso, mención de responsabilidade, litografada: M. Reguera / Fotógrafo / de la Real Casa / Villagarcía
Retrato dunha muller de idade avanzada co pelo rizado recollido nun gran moño alto na parte posterior da cabeza. Vai sentada nunha cadeira de respaldo alto, tallada e torneada. Leva no colo un bebé de curta idade, vestido cun faldrón branco e con capota. Sobre as pernas, leva unha manta branca. Detrás, unha barandilla imitando pedra e un pano de fondo que debuxa unha paisaxe con árbores e un templete.