Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]

[Cinco fragmentos terminais de torque. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón nº 20, 23, 24, 25 e 42]
1919
9 fotografía (s) : Positivo en branco e negro ; 176 x 240 mm. e inferiores. Papel.. Bo.
Os remates nº 20, 23, 24 e 25 apareceron nalgún lugar sen determinar do concello de Melide, aínda que algunhas investigacións, os sitúan na provincia de Lugo. O fragmento nº 42 é de procedencia descoñecida.
Pezas que formaban parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
4 copias, unha en brillo, de 124 x 180 mm., cos cinco fragmentos dispostos en vertical e suxeitos por cravos. Nota manuscrita no reverso da copia en brillo: F. Acuña Castroviejo / Colección Blanco Cicerón
1 proba de negativo de 183 x 168 mm., do detalle da rosácea do fragmento nº 20, recortado sobre fondo branco. Mención de responsabilidade, no ángulo inferior esquerdo, cuño seco: Arxiu Mas / Barcelona. No reverso, ficha do cliché do Arxiu Mas en cuño de tinta e manuscrita.
3 copias de 176 x 240 mm., do detalle da rosácea do fragmento nº 20, recortado sobre fondo branco e a numeración manuscrita 20. Unha delas leva no reverso a mención de responsabilidade manuscrita: Foto Mas / Barcelona / Nº C. 31030
1 copia en brillo de 116 x 170 mm. do fragmento nº 20 visto lateralmente. Nota manuscrita no reverso da copia en brillo: F. Acuña Castroviejo / Colección Blanco Cicerón
Fotografía de cinco fragmentos terminais de torque e varias fotografías de detalle do fragmento nº 20. As pezas nº 23 e 24 son dous fragmentos terminais de torque compostos por unha vareta de sección romboidal maciza e remate piriforme. O nº 25 ten a vareta de sección circular maciza e con remate piriforme. O fragmento nº 20 presenta unha vareta maciza de sección romboidal e remate oco en dobre escocia, decorado cunha roseta de seis pétalos, realizada cun punzón complexo, inscrita nun círculo. O fragmento 42 ten a vareta maciza de sección romboidal e remate oco en dobre escocia, sen ornamentación.
Castelán. Catalán Humanística
RBC/Foto-04//12
Mostrar nivel inferior