Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

[Retrato feminino]
1866 / 1868
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 88 x 52 mm. sobre cartón de 101 x 62 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, selo de tinta: `C, Garcia. / Fotógrafo`
Retrato dunha muller de corpo enteiro, co pelo recollido. Vai vestida ao estilo romántico cun traxe claro de dúas pezas, con adornos en cor negra. Leva a man esquerda sobre o respaldo dunha cadeira. Detrás, un pano de fondo debuxando un xardín con arquitecturas.
FSC/Foto-18//38
Mostrar nivel inferior