Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

[Retrato dun sacerdote]
1871 / 1875 1871
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 88 x 56 mm. sobre cartón de 105 x 64 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, cuño de tinta: `J. Guiard / Rúa Nueva / Santiago`
Retrato dun sacerdote de pelo moi curto e imberbe. Leva sotana cunha gran borla pendurada do pescozo e unha capa que recolle coa man esquerda. A man dereita vai apoiada no alto respaldo dunha cadeira torneada e tallada con froitas e follas. Detrás, un pano de fondo que debuxa unha fonte.
FSC/Foto-18//51
Mostrar nivel inferior