Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

[Retrato feminino]
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 90 x 57 mm. sobre cartón de 95 x 63 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, nota manuscrita que fai referencia ao coleccionismo das cartes de visite: `[Que]rida Eduardita: Aquí te remito [mi] retrato, colócalo en tu album [porq]ué creo me tocará algunha de la [colec]cion que a tí te sobra y disimu[la] algo la cara de pandereta [que] el fotógrafo tubo (sic) a bien [ha]cerme. Esto no es decir que yo tenga la cara apanderetada o no tanto. De todos modos es el retrato [de] una amiga que te quiere mucho y una admiradora de tu sal (?). Amalia de_______`
Busto feminino inscrito nun óvalo en relevo. Leva o pelo recollido na parte posterior da cabeza e uns lentes de presión no nariz, dos que pendura unha cadea. Viste unha chaqueta escura adornada no pescozo e no escote cunha peza branca e voluminosa, e con manga longa de amplos puños. Ambas mans van cruzadas e apoiadas nunha repisa, sostendo unha rosa nunha delas.
FSC/Foto-18//72
Mostrar nivel inferior