Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

[Retrato de profesor universitario]
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 90 x 56 mm. sobre cartón de 93 x 64 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
Retrato dun profesor universitario de corpo enteiro, co pelo curto, patillas e bigote. Vai vestido cun traxe escuro sobre o que loce a toga con muceta de cor máis clara e co birrete na cabeza. Entre as mans sostén un libro aberto. O seu brazo esquerdo vai apoiado nunha peaña troncopiramidal adornada con tallas vexetais, na que repousan varios libros pechados. No lado esquerdo, unha librería.
FSC/Foto-18//78
Mostrar nivel inferior