Nivel superior en:
ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO

03 COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS

03.06 Colección Fotográfica

03.06.04 Familia Santos Castroviejo


040 $a#HEREDA#
090 $a#HEREDA# $b#HEREDA# $e#HEREDA# $fFSC/Foto-20//40
091 $cIMAGE
100 $aKsado $d1887-1972 $eFotógrafo $qCasado Fernández, Luís $vSantiago de Compostela
245 $a[Retrato de Concha e Ana Mª Castroviejo Blanco-Cicerón]
300 $a1 postal fotográfica(s) $bPositivo en branco e negro $c81 x 133 mm. $hPapel $iBo
337 $a0
505 $aMención de responsabilidade, no ángulo inferior dereito, cuño seco: Ksado / Santiago
505 $aNo reverso, nota manuscrita
506 $a#HEREDA#
520 $aRetrato de busto de dúas mozas, ambas de melena curta peiteada con ondas. Á esquerda está Concha cunha chambra escura con colo de cor branco; á dereita, Ana Mª, vestida cunha chambra de raias.
530 $aNon existen copias
535 $aBiblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
540 $a#HEREDA#
541 $a#HEREDA# $c#HEREDA# $d#HEREDA#
545 $aAmbas retratadas son fillas do matrimonio formado por Amando Castroviejo Nobajas e Concha Blanco-Ciceron e, polo tanto, netas de Ricardo Blanco-Cicerón. Concha foi unha coñecida xornalista e escritora. Ana Mª é a nai dos Acuña Castroviejo.
545 $aLuis Casado naceu en Avila e criouse en Ourense a onde foi vivir con seis anos. Con dez anos de idade comezou a súa andaina no oficio de fotógrafo, ao entrar coma aprendiz no estudo de Xosé Pacheco ata que en 1915 establecese pola súa conta xa na cidade de Compostela, no nº 23 da Rúa do Vilar. En 1922 expande o seu negocio a Vigo, abrindo un estudo na rúa Urzaiz; será súa irmá Carmiña que quede a cargo do establecemento de Santiago. En 1937 pecha o seu estudo de Vigo e retorna a Compostela, centrándose nos labores habituais dun estudo fotográfico.
545 $aConcha Castroviejo estudou filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde contacta e se integra nos círculos da mocidade entusiasta coa II República; entre outros, Paco Comesaña, Borobó e Joaquín Seijo Alonso, con quen ennoiva. Ían casar o 25 de xullo de 1936. O golpe de estado militar e a Guerra cámbiano todo. Testifica a favor de Paco Comesaña no xuízo sumarísimo que se segue contra el en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1936, acusado de comunista e alterador de masas. Isto colócaa nunha posición difícil e busca como saír. A comezos de 1937 e marcha para Bordeos. Logo reúnese con Seijo en Valencia, onde casan. Trasládase a vivir a Barcelona até febreiro de 1939 que tivo que fuxir a Francia. Consegue chegar a Bordeos e alí vive até que marcha para México. En decembro de 1949 regresa a Galiza coa súa filla María Antonia Seijo, de 8 anos. De 1951 a 1953 traballa en La Noche, o diario vespertino de Compostela asinando como Concha Castroviejo e baixo o pseudónimo de Asela. En setembro de 1953 marcha para Madrid a traballar no diario Informaciones como columnista. Entre 1962-1966 exerce de titular da crítica e contribúe ao boom da literatura hispanoamericana. É das pouquísimas mulleres que realizan este labor e a única que neses anos forma parte do xurado dos honoríficos e prestixiosos Premios da Crítica. Tamén formou parte da Asociación Internacional de Críticos Literarios.
567 $aDescrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz
592 $f1930, ca.
600 $aCastroviejo Blanco-Cicerón, Concha $qCastroviejo Blanco-Cicerón, Concepción $d1910-1995
600 $aCastroviejo Blanco-Cicerón, Ana María $d1915-1997
650 $aFotografías
852 $a#HEREDA#
nº ControlSinaturaUbicaciónEstado
0005355FSC/Foto-20//40Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible para préstamo