Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./03.06.//FSC/Foto-28//01


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

FSC/Foto-28//01

1.2. Título

[Retrato de Jose Mª, Concha e Pilar Castroviejo Blanco-Cicerón]

1.3. Datas

1915, ca.

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 91 x 142 mm. Papel. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Fotografía Portuguesa J.B. Almeida, Fotógrafo (Santiago de Compostela) Almeida, Juan Bautista

2.2 Historia Institucional/Biografía

Os tres retratados son fillos do matrimonio formado por Amando Castroviejo Nobajas e Concha Blanco-Ciceron e, polo tanto, netos de Ricardo Blanco-Cicerón. José Mª foi poeta, xornalista e escritor; Concha tamén foi unha coñecida xornalista e escritora. Pilar é a nai dos irmáns Santos Castroviejo
Juan Bautista Almeida estableceuse en Santiago arredor de 1907 na rúa Bautizados
José Mª Castroviejo estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela. Na súa mocidade foi carlista, como o seu avó; posteriormente foi membro das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS) e de Falanxe. Está considerado un dos intelectuais que formaron parte do núcleo inicial de Falange.
Desde 1935 exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do alzamento nacional uniuse ás forzas sublevadas, e combateu no exército «nacional». Desde 1937 foi director do xornal El Pueblo Gallego, pertencente á Prensa do Movemento. Colaborou con outras publicacións falanxistas.
A súa obra literaria adoita ser incluída na chamada Antoloxía poética do Alzamento. Os seus principais traballos centráronse na poesía, aínda que tamén cultivou a prosa, colaborando en varios libros con Álvaro Cunqueiro e escribiu unha peza teatral. Colaborou na revista Nós en 1931 cun poema e defendeu o uso da lingua galega fronte ao director xeral de Prensa.
Concha Castroviejo estudou filosofía e letras na Universidade de Santiago... Ver máis

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Familia Santos Castroviejo
Data do ingreso
2021

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Retrato de estudio dun neno e dúas nenas arredor dun amplo sofá de brazos cilíndricos. O neno vai vestido de mariñeiro, está de pé apoiado nun dos brazos do sofá. Ambas nenas están sentadas no sofá, vestidas de branco; a de máis idade apoia un pé no chan. A máis pequena, de curta idade, é suxeitada por ambos irmáns.

Mención de responsabilidade, no reverso, cuño de tinta: `J.B. Almeida`
No reverso, nota manuscrita a lapis identificando aos retratados

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Castroviejo Blanco-Cicerón, Concha (Castroviejo Blanco-Cicerón, Concepción), 1910-1995
Castroviejo Blanco-Cicerón, Pilar, 1914-2006
Castroviejo Blanco-Cicerón, José María, 1909-1983

A Coruña- Santiago de Compostela

Fotografías

8.9. Datos adicionais. Cobertura

A Coruña- Santiago de Compostela

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0000064FSC/Foto-28//01Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible