Expedientes que reúnen o conxunto de documentos que conveñen para o debido cumprimento da vontade do testador, e que poñen de manifesto os pasos necesarios para a posta en práctica da transmisión do dominio. Tamén pode ser o dossier que agrupa a documentación dunha ou varias persoas, referentes a diversas actuacións en relación co outorgamento do testamento: codicilos, inventarios, etc.