1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 89 x 58 mm. sobre cartón de 98 x 61 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, selo de tinta: `Garcia, Fotógrafo / Vigo`
Retrato de dúas mulleres de corpo enteiro, ambas vestidas ao estilo romántico: á da esquerda cun traxe escuro e a da dereita cunha chaqueta escura e unha saia clara de raias. No medio unha cadeira co respaldo tallado que leva no asento un album de fotografías. Detrás, un pano de fondo debuxando un xardín con arquitecturas.