Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato feminino]
1889 / 1899
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 85 x 56 mm. sobre cartón de 105 x 65 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
Lohr y Morejón é unha casa litográfica de Madrid, establecemento especializado na venda de produtos de fotografía. Son autores de cartóns fotográficos
No reverso, mención de responsabilidade,litografada: M. Reguera / Fotógrafo / de la Real Casa / Vista Alegre 1 / y Covadonga 2 / Villagarcía / Retratos y reproducciones de todas las clases y tañamos / Ampliaciones al Oleo, Pastel y Lápiz / Lohr y Morejón Madrid
No anverso, mención de responsabilidade, litografado: `M. Reguera. Vista Alegre 1 Villagarcía`
Retrato dunha muller nova co pelo recollido na parte posterior da cabeza, vestida cun traxe de cor clara á moda da Belle Epoque. Vai apoiada sobre unha columna cuadrangular con decoración vexetal tallada nas súas caras; detrás, unha barandilla e un pano de fondo con arquitecturas apenas visible.
RRA/Foto-18//14
Mostrar nivel inferior