Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.12 - Fotografías

Retrato de José Ferreiro Santino
1875, ca
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 154 x 100 mm. sobre cartón 167 x 109 mm. Papel.. Bo.
0
A fotografía forma parte dun álbum con pregamento `Patent`, con tapas marróns decoradas con motivos florais en relevo. No interior quince páxinas co filo dourado, que presentan distintos formatos de ventás para expor as imaxes, moitas pintadas con varios motivos florais. Este tipo de pregamento naceu en 1864. Ata ese momento os álbums tiñan pouca flexibilidade e debilidade na estrutura de unión, o pregramento, solventaba o problema, ao incluir fitas de algodón, facendo unha especie de bisagra que permitía abrir totalmente o libro e aumentaba a súa durabilidade.
No reverso do soporte secundario, dedicatoria: Recuerdo á mi mayor amigo Dn Joaquin Acuña Soaje / José Ferreiro / Santino
No reverso do soporte secundario, mención de responsabilidade: Estudio Fotografico / De / F. G. Sicre / Contreras 39, / Matanzas
En formato vertical retrato masculino, de busto e frontal. O home viste traxe escuro, camisa branca e gravata de lazo. Ten os cabelos engomados e peiteados ao medio, amais bigote e barba bifurcada.
Castelán
FamAC/Foto-22//007
Mostrar nivel inferior