Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.06 - Coleccións facticias
01.07.06.02 - Coleccionismo
01.07.06.02.01 - Arte
RBC/Foto-13 - Fotografias

Le sommeil de l`Enfant Jésus
Paris. : Goupil et Cie Editeurs
1850 / 1890
1 fotografía(s), carte-gabinete. : Positivo en branco e negro ; 103 x 77 mm. sobre cartón 165 x 108 mm. Papel.. Bo.
0
Imaxe copiada da obra pictórica do mesmo nome do pintor Gustave Adolphe Chassevent-Bacques (1818-1901)
Goupil & Cie. foi unha empresa editora de reproducións de arte, en gravado e fotografía, fundada en París en 1850, a continuación de maison Goupil, creada en 1829, e que durou en activo catro décadas.
A carte-gabinete formaba parte dunha colección editada por Goupil et Cie, ilustradas con imaxes copiadas das obras dos máis importantes pintores da historia da arte ata o século XIX.
No anverso, impreso: Chassevent / Le sommeil de l`Enfant Jesus / Carte-Album Nº 800 - Goupil et Cie, Editeurs, Paris
No reverso, impreso: Défense de colorier
No anverso, estampado: Goupil et Cie
Representación do Sono de Xesús. No centro da imaxe, o Neno durmindo nun berce. Á esquerda, dous anxos que vixían o sono ; á dereita, a Virxe e ao fondo, a figura de San Xosé.
Francés
RBC/Foto-13//19
Mostrar nivel inferior