Descargar
Nivel de descrición:

Expediente

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.06 - Coleccións facticias
01.07.06.02 - Coleccionismo
01.07.06.02.01 - Arte
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15708.AMPG./01.07.06.02.01.//RBC/Caixa175-02


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Caixa175-02

1.2. Título

[Correspondencia sobre obxectos de arte de Ricardo Blanco Cicerón]

1.3. Datas

1890 / 1926

1.4. Nivel de descrición

Expediente

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 carpeta(s) Papel.

2. Área de contexto

2.2 Historia Institucional/Biografía

Ricardo Blanco-Cicerón Núñez naceu en Tui o 27 de outubro de 1844.
Estudiou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi alcalde da súa vila natal entre 1877 e 1879. No ano 1880 regresou a Santiago onde casa con Herminia García de la Riva e comeza a exercer a avogacía.
En 1884 ingresou na Sociedade Económica de Amigos do País, foi membro non numerario da Real Academia Galega e da Sociedade Pro-monte de Santa Tegra, a mais de ocupar a vicepresidencia da Sección Arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909. Participou na creación da Sociedad Unión Obrera Benéfica e Instructiva Regional de Santiago. Foi membro do Banco Simeón (fundado por Simeón García, irmán da súa dona) entre 1918 e 1921, e tesoureiro da xunta da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Santiago. Vinculado ao carlismo galego, destacou como home de fondas crenzas relixiosas, xeneroso devoto de San Telmo, patrón de Tui, e membro das Confrarías de San Roque e Nosa Señora do Rosario de Santiago.
Destaca na súa faceta de gran coleccionista, pois chegou a reunir unha heteroxénea colección de obxectos arqueolóxicos, artísticos e antigüidades, amais dunha gran biblioteca e dun arquivo composto por documentos, fotografías, gravados e planos.
Finado en Santiago de Compostela o 1 de agosto de 1926, foi soterrado no camposanto da Confraría do Rosario en San Domingos de Bonaval.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Inclúe cartas entre Ricardo Blanco Cicerón e diversos anticuarios, bazares e intermediarios

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

4.5. Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego elaborada por Iago Martínez Penabad

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Saenz-Chas Díaz, Belén, Fernando Acuña Castroviejo e María Reis Camiña Castro,`Olladas dunha época: Fotografías do fondo Blanco-Cicerón`. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego, 2009.
Exposición Galega de 1909: Conmemoración do 1º Centenario Exposición Regional Gallega Santiago 1909. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Museo do Pobo Galego, Instituto de Estudios Galegos `Padre Sarmiento`, 2010.
Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2019

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items .. 1878 (1) 1890 (3) 1891 (1) 1892 (1) 1895 (1) 1909 (3) 1910 (3) 1912 (3) 1913 (4)
RBC/Caixa175-02//001 Carta de V. Zurita a Ricardo Blanco Cicerón, sobre un encargo dun canino de marfil

RBC/Caixa175-02//002 Carta de Aurelio Ribalta a Ricardo Blanco Cicerón, sobre museos arqueolóxicos nacionais e estranxeiros

RBC/Caixa175-02//003 Carta de Valentín Cousiño Cal a Ricardo Blanco Cicerón, sobre varios obxectos de arte para vender e un machado de cobre para intercambiar

RBC/Caixa175-02//004 Carta de Benigno, un curmán de Ricardo Blanco-Cicerón, sobre os obxectos artísticos que pode adquirir en Roma

RBC/Caixa175-02//005 Carta de Jesús Adrán, a Ricardo Blanco Cicerón, sobre a posible adquisición de varios obxectos artísticos para a colección de Ricardo

RBC/Caixa175-02//006 Carta do Sr. Paz a Ricardo Blanco Cicerón, sobre unha táboa decorada que formaba parte dunha mesa

RBC/Caixa175-02//007 Carta José Barguela a Ricardo Blanco Cicerón, sobre unha naveta

RBC/Caixa175-02//008 Carta de Andrés Tobio a Ricardo Blanco Cicerón, sobre o arranxo dunha cuncha

RBC/Caixa175-02//009 Carta de Isidro M. Lago a Ricardo Blanco Cicerón, sobre a compra duns cadros de Juan de Juanes

RBC/Caixa175-02//010 Tarxeta da Libraría de Melchor García a Ricardo Blanco Cicerón, sobre a oferta dunha obra do Conde de Cedillo

RBC/Caixa175-02//011 Tarxeta da Libraría de Melchor García a Ricardo Blanco Cicerón, sobre a oferta dunha obra de Frei Diego de Arze

RBC/Caixa175-02//012 Carta de Ricardo Blanco Cicerón a Fernando Álvarez Osorio, sobre a compra duns obxectos prehistóricos

RBC/Caixa175-02//013 Carta de Ricardo Blanco Cicerón a José M., ofertando unha singular peza de acibeche

RBC/Caixa175-02//014 Carta de Ricardo Blanco Cicerón a Miss Meakin, escritora inglesa de libros de viaxes

RBC/Caixa175-02//015 Tarxeta da fábrica e almacén de ornamentos de igrexa Pedro Ruíz

RBC/Caixa175-02//016 Carta de Félix García y García a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unhas armas antigas

RBC/Caixa175-02//017 Carta de Jesús Fernández Novoa a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unha fotografía dun pergameo

RBC/Caixa175-02//018 Carta de Daniel Abelleira a Ricardo Blanco-Cicerón sobre os problemas co seu irmán para vender a xoia

RBC/Caixa175-02//019 Carta de José López Soto a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unhas pinturas antigas que ten

RBC/Caixa175-02//020 Carta de Ángel Ulla a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unha visita a un castro

RBC/Caixa175-02//021 Carta de Ángel Ulla a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a devolución de dúas pesetas

RBC/Caixa175-02//022 Carta de José de Souza a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a venda dunhas xoias

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0003407RBC/Caixa175-02Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible