Sentenza dunha vista a favor da Igrexa e Arcebispado de Santiago fronte ao Conde de Altamira
1528-00-00 / 1539-00-00
3 folla(s) ; 31 x 22 cm. Papel. Moi deteriorado.
Cosido en forma de libro. Follas de varias medidas
Sentenza de vista dada en Valladolid a favor da Igrexa e Arcebispado de Santiago contra Lope Osorio de Moscoso, Conde de Altamira, pola cal se ordena que dito conde devolva a fortaleza de Cira ao Arcebispado. Tamén inclúe outro traslado simple de sentenza criminal do 1539 contra o mesmo conde por outros motivos.