1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 89 x 54 mm. sobre cartón de 92 x 59 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, cuño de tinta: Francisco Zagala / Fotógrafo / Pontevedra `
Retrato dunha nena vestida de curto, cun veo sobre a cabeza, vestido, medias e zapatos, todo de cor branca. A ambos lados leva dous veladores: á esquerda, un velador baixo co pé prismático e liso que sostén na parte superior unha boneca; á dereita, un velador máis alto co pé torneado e un libro na parte superior medio oculto por un pano branco. A nena apoia seu brazo esquerdo no libro do velador, subindo a man cara á meixela; leva a perna esquerda cruzada diante da dereita