1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 90 x 57 mm. sobre cartón de 92 x 64 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
Retrato de medio corpo e en 3/4 á dereita, dun home de idade madura. Leva o pelo cano curto, con calva na parte dianteira, bigote e barba tamén cana. Viste chaqueta e chaleco escuros, e camisa branca cunha gran gravata de lazo.