[Instalación de Valencia na Exposición do traxe de Madrid]
1925
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 128 x 175 mm Bo.
0
Mención de responsabilidade, cuño de tinta no reverso: `Fotografía Prast y Chavarino. / Carrera S. Jeronimo 29 / Madrid` No reverso, cuño de tinta: `Valencia`
Instalación correspondente a Valencia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. Escena doméstica con catro manequíns femininos, vestidos de `falleras`, no interior dunha casa. No centro da composición, unha muller sentada nunha cadeira diante dun secreter aberto. Ao seu carón, dúas mulleres de pé, unha mostrándolle tecidos e a outra colocándolle unha mantela polos ombreiros. Detrás, unha muller de idade avanzada observando uns tecidos de seda.