Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.08 - Roberto Reigosa Méndez

[Retrato de parella]
1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 137 x 87 mm Regular. Roturas.
0
Retrato dunha parella labrega diante dunha leira de cereal, cun boi ao seu carón. O home, de pelo moi curto e bigote, viste boina, camisa branca, chaleco aberto, pantalón longo e zocos; entre as mans, suxeita un caxato ou o mango dalgunha ferramenta. A muller, vestida toda de negro, leva pano da cabeza, camisa, mantón, saia, mandil e zocas; entre as mans, a corda pola que leva a un boi de raza rubia, pequeno e escuálido. Detrás do home, vese un burro.
Pode haber novas achegas
RRM/Foto-20//27
Mostrar nivel inferior