Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

[Retrato de Agustina Lojo García]
1890 / 1900 1890
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 84 x 52 mm. sobre cartón de 102 x 61 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No anverso, mención de responsabilidade, impresa: `M. Chicharro Rúa Nueva 34 / Santiago`
Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida de escuro ao estilo da belle epoque. Leva o pelo recollido nun moño na parte superior da cabeza. O corpo do traxe é axustado e de colo alto; a faldra vai adornada cun bordado de aplicación negro na parte baixa e nun lateral. Leva as mans agarradas á altura da cintura, co seu brazo dereito apoiado nunha especie de cómoda neogótica cun espello na parte superior. Detrás, un pano de fondo cunha parede cun zócalo panelado e unha columna.
FLL/Foto-19//12
Mostrar nivel inferior