Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato de nena vestida de galega]
1885
1 fotografía(s) cabinet : Positivo en branco e negro ; 143 x 96 mm. sobre cartón de 162 x 104 mm. Papel. Regular. Ten unha dobra grande vertical..
0
No anverso, mención de responsabilidade, litografado: `Eug. Mora Ferrol`
No reverso, mención de responsabilidade do cartón, litografada: `D. Hutinet Paris`
No reverso, mención de responsabilidade, litografada: `Fotografía / de / Eugenio Mora / Dolores, 16 / Ferrol`
Retrato dunha nena de curta idade vestida con traxe de galega. Leva unha cofia branca suxeita cunha cinta con lazada na parte superior. No busto leva unha chaqueta curta sobre un mantón con flocos que sobresaen pola parte inferior; a chaqueta vai adornada con cintas de veludo e con tiras de agremán bordado no peito, na cintura e nos puños; leva ademais dous peches de prata en forma de flor. De cintura para abaixo leva un mantelo cun ancho rodo de veludo e unha tira ancha de agremán bordado; baixo o mantelo vese unha saia floreada. Nas pernas, medias caladas e zapatos. Como xoias leva pendentes longos e un aderezo ou sapo pendurado do pescozo. Na súa man dereita leva un pano das mans de cor branca; o brazo esquerdo vai domeado apoiando o cóbado nuns troncos que semellan rochas, Detrás, paisaxe dunha ría.
RRA/Foto-28//31
Mostrar nivel inferior