[Documento de venda dunha casa no barrio de As Salvadas de Dolores Sánchez Rodríguez a favor de Ricardo Blanco-Cicerón]
1901-11-16
7 folla(s) ; 34 x 23 cm. Papel. Deteriorado.
Selo.As follas están nunha carpetiña de papel con portada impresa do notario.
Documento de venda de Dolores Sánchez Rodríguez a favor de Ricardo Blanco-Cicerón, por unha casa en Santiago, na Rúa das Salvadas, ante o notario Jesús Fernández Suárez. Inclúe o pago do imposto sobre `Derechos Reales`. Adxunta un borrador manuscrito do documento privado de venda entre Sor Dolores Sánchez Rodríguez, relixiosa de Santa Clara a Ricardo Blanco-Cicerón, acreditando que é dela, por herdanza do seu avó, Joaquín Rodríguez Janeiro.