Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

[Retrato de Manuel María Lojo Granero]
1890 / 1900 1890
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 93 x 62 mm. sobre cartón de 104 x 64 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No anverso, mención de responsabilidade, impresa: `Phot. Moderna Porto`
No reverso, mención de responsabilidade, impresa: `Photographia / Moderna / Rúa da Picaria Nº 1 / Porto / Conservam-se is clichés`
No reverso, nota manuscrita: Hoja entera. Carlos Hernandez 99x62. Lamina suelta Puerto del Son
No anverso, selo de tinta: Reprodução
Retrato de corpo enteiro dun home de pelo curto e bigote. Viste un longo gabán sobre un chaleco e unha camisa branca con gravata de lazo e leva pantalón longo de cor negra. O seu brazo dereito vai domeado, agarrando o borde do gabán á altura da cintura; o esquerdo vai apoiado nunha cadeira con respaldo ao aire cun motivo vexetal tallado e calado no centro. Detrás, un pano de fondo que debuxa unha parede con zócalo panelado.
FLL/Foto-19//13
Mostrar nivel inferior