1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 86 x 53 mm. sobre cartón de 105 x 61 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
Busto masculino dun home novo co pelo curto peiteado para atrás e con bigote. Viste chaqueta e chaleco escuros sobre camisa branca e leva unha gravata de lazo.