1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 93 x 62 mm. sobre cartón de 103 x 54 mm. Papel.. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudo que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo. Foi moi popular nos anos 1863-1865.
No anverso, impreso: `International Exhibition, 1871 / London Stereoscopic and Photographic Company Sole Photographers` No reverso, impreso: `120. Hagar and Ishmael, Marble Group, by Pofessor / Lazzerini. Exhibited by Mr. C. E. Norchi``.
Vista detalle dunha escultura de corpo enteiro branca sobre fondo escuro. Representa a Agar dando de beber ao seu fillo Ismael. O rapaz recostado sobre peaña circular e Agar de seonllos, sostendo o corpo do neno.