1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 83 x 54 mm. sobre cartón de 95 x 65 mm. Papel.. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudo que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, impresa: `R. Buch / Vigo
Retrato de corpo enteiro. A figura ten as pernas cruzadas, o seu brazo esquerdo apoiado nunha varanda, e o dereito na súa cadeira. Viste traxe escuro con chaqueta de solapas e sobre a cabeza leva sombreiro bombín. Mira espectador e loce bigote.