1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 100 x 66 mm. Papel.. Deteriorado.
0
A fotografía forma parte dun álbum con pregamento `Patent`, con tapas marróns decoradas con motivos florais en relevo. No interior quince páxinas co filo dourado, que presentan distintos formatos de ventás para expor as imaxes, moitas pintadas con varios motivos florais.
Este tipo de pregamento naceu en 1864. Ata ese momento os álbums tiñan pouca flexibilidade e debilidade na estrutura de unión, o pregramento, solventaba o problema, ao incluir fitas de algodón, facendo unha especie de bisagra que permitía abrir totalmente o libro e aumentaba a súa durabilidade.
En formato vertical, retrato de nena, de corpo enteiro, frontal e de pé. Leva vestido branco de encaixe con colo redondo e botas negras. Os cabelos peiteados con floco sobre a fronte. Ten apoiado o seu brazo esquerdo no respaldo dunha butaca.