1 folla(s) : Debuxo a lapis coloreado en ouro ; 21.7 x 25.3 cm. Papel. Bo.
0
Foi atopado no castro de Recadieira no ano 1889, concello de Mondoñedo. A peza da cultura castrexa formou parte da colección de Blanco Cicerón, despois pasou a Álvaro Gil Varela, quen o deixou como legado ao Museo Provincial de Lugo en 1974.
Manuscrito a lapis, folla numerada co 4 e anotacións 0`430 - 0`160
Debuxo de colar ríxido en forma de `C`, case circular. Composto por unha barra de sección romboidal lisa e dous remates, troncocónicos e escocia (moldura cóncava).