1 folla(s) : Debuxo a rotulador ; 16.2 x 22.2 cm. Papel. Bo.
0
Foi atopado no castro de Marzán, concello de Foz, no lugar coñecido como Do cú do Castro.
A peza da cultura castrexa formou parte da colección de Blanco Cicerón, despois pasou a Álvaro Gil Varela, quen o deixou como legado ao Museo Provincial de Lugo en 1974.
O número co que vai identificado, correspóndese co número do `Catálogo da Colección de Ourivaría Prerromana en Galicia propiedade dos herdeiros do Sr. Blanco Cicerón`. Pelai Mas Castañeda (1891-1954), fotografou as pezas de ourivaría da colección Blanco Cicerón en 1919
Manuscrito: Foto Mas / Barcelona / nº C-31029 Manuscrito: Santiago-Coruña / Col. Blanco-Cicerón / Torque de oro / Época celta / Nº 15
Debuxo dun colar ríxido en forma de `C`, moi pechada, case circular. Composto por barra de sección circular, no tramo central, decorada con filigrana formando unha greca de oitos; nos laterais, arames enrolados. O remate (falta un) troncocónico e escocia (moldura cóncava).