1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 85 x 55 mm. sobre cartón de 100 x 62 mm. Papel.. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudo que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo. Foi moi popular nos anos 1863-1865.
Vista detalle dunha pintura con fondo vexetal. No centro figura de muller sedente coa man dereita na cabeza mirando cara a ceo e cun pano entre as mans. Á dereita, un anxo portando un recipiente oval; á esquerda, outro anxo cun libro.