1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 42 x 65 mm Papel. Regular.
0
Fotografía típica dos fotógrafos de feira ou `minuteros` que montaban os seus postos con paneis e panos de fondo con diversos motivos, co obxectivo de divertir e levar un recordo. Para o positivado destas imaxes era frecuente empregar cartolinas sensibilizadas de tarxetas postais, ben no formato de tarxeta completa, media tarxeta ou cuarto de tarxeta, coma neste caso.
Retrato de catro homes nunha feira que levan diante un panel cun avión pintado sobrevoando o mar e detrás un pano de fondo cun templo. O home da esquerda leva unha pipa na boca e viste camisa, xersei e chaqueta. O segundo sostén o volante do avión e leva un abrigo cun brazalete negro na manga en sinal de loito. O terceiro leva sombreiro, camisa, gravata e chaqueta e ten un pito na boca. O último leva boina, camisa e chaqueta.