040 | $a#HEREDA# |
---|
090 | $a#HEREDA# $b#HEREDA# $e#HEREDA# $fRRA/Foto-21//19 |
---|
091 | $cIMAGE |
---|
100 | $aCaamaño Bentín, Ramón $d1908-2007 $eFotógrafo $v(Muxía) |
---|
245 | $a[Retrato de familia] |
---|
300 | $a1 postal fotográfica(s) $bPositivo en branco e negro $c136 x 86mm. $hPapel $iBo |
---|
337 | $a0 |
---|
505 | $aNo reverso, mención de responsabilidade, cuño de tinta: `Ramón Caamaño / Fotógrafo / Mugia` |
---|
506 | $a#HEREDA# |
---|
520 | $aRetrato dun matrimonio cunha filla. Os tres están de pé en actitude moi hierática. A muller viste toda de negro e leva un bolso na man. O home, de bigote e pelo curto, viste traxe de chaqueta con gravata. No medio está a nena, vestida de cor clara cun vestido de talle moi baixo, e sostendo tamén un bolso na man. Detrás, un pano de fondo que debuxa unha parede cunha balaustrada e unha columna cunha maceta en forma de copa no alto. Baixo os pés, unha tea de cadros. |
---|
530 | $aNon existen copias |
---|
535 | $aBiblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego |
---|
540 | $a#HEREDA# |
---|
541 | $a#HEREDA# $c#HEREDA# $d#HEREDA# |
---|
545 | $aNado en Muxía, o seu pai emigra a Cuba e México onde se dedica á venda de encaixe que elaboran na casa familiar. Aos oito anos o seu pai mándalle unha máquina de cine con algunha película, que lles proxectaba aos rapaces e rapazas da vila a quen lles cobraba a entrada en alfinetes que logo vendía ás palilleiras. Con dezaseis anos merca a súa primeira máquina fotográfica, unha máquina de caixa que tiraba as fotos sen enfocar.
A partir do ano 1925 comeza a fotografar o mundo máis próximo: mariñeiros, campesiños, paisaxes, solpores ou romarías. Dous anos máis tarde compra unha máquina Pathe Baby para proxectar cine, e comeza a distribuír filmes pola Costa da Morte. Marcha a Santiago de Compostela nos invernos dos anos 29, 30 e 31, onde traballará co fotógrafo Ksado, de quen aprenderá a técnica de colorear fotos con ácidos. Muda para Cee, onde monta un estudo e comeza a traballar facendo retratos. En 1938 é mobilizado pola Guerra Civil e destinado á fronte de Aragón, onde leva a cámara West Pocket. As súas fotos de guerra poden cualificarse como o primeiro exemplo de fotoxornalismo galego.
Á volta da contenda segue co estudo en Cee, pero a súa actividade esténdese a toda a comarca, principalmente ás vilas de Corcubión e Muxía. Retirouse da vida profesional e da fotografía en 1975. Tiña un pequeno museo persoal na súa casa, mantido ata o seu falecemento. |
---|
567 | $aDescrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz |
---|
592 | $a1925 $b1935 |
---|
650 | $aProcesións |
---|
650 | $aFotografías |
---|
651 | $aA Coruña-Muxía |
---|
852 | $a#HEREDA# |
---|
nº Control | Sinatura | Ubicación | Estado | |
---|
0005540 | RRA/Foto-21//19 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible para préstamo | |
|