1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.28.01.06.//RRA/Foto-21//19
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
RRA/Foto-21//19
1.2. Título
[Retrato de familia]
1.3. Datas
1925 / 1935
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 136 x 86mm. Papel. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Caamaño Bentín, Ramón, 1908-2007, Fotógrafo . (Muxía)2.2 Historia Institucional/Biografía
Nado en Muxía, o seu pai emigra a Cuba e México onde se dedica á venda de encaixe que elaboran na casa familiar. Aos oito anos o seu pai mándalle unha máquina de cine con algunha película, que lles proxectaba aos rapaces e rapazas da vila a quen lles cobraba a entrada en alfinetes que logo vendía ás palilleiras. Con dezaseis anos merca a súa primeira máquina fotográfica, unha máquina de caixa que tiraba as fotos sen enfocar.
A partir do ano 1925 comeza a fotografar o mundo máis próximo: mariñeiros, campesiños, paisaxes, solpores ou romarías. Dous anos máis tarde compra unha máquina Pathe Baby para proxectar cine, e comeza a distribuír filmes pola Costa da Morte. Marcha a Santiago de Compostela nos invernos dos anos 29, 30 e 31, onde traballará co fotógrafo Ksado, de quen aprenderá a técnica de colorear fotos con ácidos. Muda para Cee, onde monta un estudo e comeza a traballar facendo retratos. En 1938 é mobilizado pola Guerra Civil e destinado á fronte de Aragón, onde leva a cámara West Pocket. As súas fotos de guerra poden cualificarse como o primeiro exemplo de fotoxornalismo galego.
Á volta da contenda segue co estudo en Cee, pero a súa actividade esténdese a toda a comarca, principalmente ás vilas de Corcubión e Muxía. Retirouse da vida profesional e da fotografía en 1975. Tiña un pequeno museo persoal na súa casa, mantido ata o seu falecemento.
2.4. Forma do ingreso
Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Richard Rivera Armero
Data do ingreso
2020
3.1. Alcance e contido
Retrato dun matrimonio cunha filla. Os tres están de pé en actitude moi hierática. A muller viste toda de negro e leva un bolso na man. O home, de bigote e pelo curto, viste traxe de chaqueta con gravata. No medio está a nena, vestida de cor clara cun vestido de talle moi baixo, e sostendo tamén un bolso na man. Detrás, un pano de fondo que debuxa unha parede cunha balaustrada e unha columna cunha maceta en forma de copa no alto. Baixo os pés, unha tea de cadros.
No reverso, mención de responsabilidade, cuño de tinta: `Ramón Caamaño / Fotógrafo / Mugia`
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
A Coruña-Muxía Procesións8.9. Datos adicionais. Cobertura
A Coruña-Muxíanº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0005540 | RRA/Foto-21//19 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |