Carta de Melitón Nieto López a Ricardo Blanco-Cicerón sobre varios ingresos, pagos e dúas subscricións
1900-08-14
2 folla(s) ; 21 x 13 cm. Papel. Bo.
O remitente, administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa dos ingresos de 328 pesetas de Valetín Cousiño e 204 de Ofelia Hermida. Tamén do pago á Nai Superiora das Carmelitas de 250 pesetas. E pide a subscrición dun ano a `El Pensamiento Galaico` para o seu irmán Eugenio e para o párroco Antonio Ucha.