1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro coloreado ; 133 x 82 mm en cartafol de 201 x 117 mm Papel. Bo.
0
No soporte secundario, mención de responsabilidade, impreso: F. Fallace / Buenos Aires / Santa Fé 2720/22
Retrato coloreado de corpo enteiro dunha moza cun vestido verde de talle baixo, coa saia por debaixo dos xeonllos e zapatos de tacón. Nas mans sostén un libro aberto que se apoia nunha mesa de 4 patas e tapa redonda. A fotografía preséntase pegada sobre un cartón e dentro dun cartafol tipo libro adornado na portada cun medallón cun busto feminino clásico en relevo.