Os fondos personais de Xaquín Lorenzo permiten documentar e coñecer a súa actividade profesional, os seus intereses persoais e o seu compromiso coa cultura galega e o a súa difusión. Conservánse documentos identificativos persoais, cartillas médicas, facturas, fotografías, apuntes, artigos, documentación de homenaxes e premios, diplomas, correspondencia persoal, documentación patrimonial, documentación produto da súa actividade intelectual e cultural,tanto manuscrita como impresa.
O arquivo inclúe tamén os de Xosé Lorenzo Álvarez, pai, o de Xurxo Lorenzo, irmán, e documentación de Xan da Cova.