1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 81 x 136 mm. Papel. Bo.
0
Data manuscrita no reverso
Retrato dun grupo á beira dun río, no que hai unha barca a remos, amarrada. En primeiro plano hai un home sentado no chan, vestido con sombreiro, camisa e chaqueta brancas, gravata de lazo negra e pantalón e botas altas tamén negras. Detrás, hai un mozo bebendo dun vaso e un rapaz que sostén un vaso na man. Ao seu carón, un home quitándolle a rolla a unha botella e detrás, unha nena apoiada no tronco dunha árbore e sostendo tamén un vaso.