Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.12 - Fotografías

[Retrato de neno]
1890, ca
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 140 x 96 mm. sobre cartón 165 x 106 mm. Papel.. Bo.
0
A fotografía forma parte dun álbum con pregamento `Patent`, con tapas marróns decoradas con motivos florais en relevo. No interior quince páxinas co filo dourado, que presentan distintos formatos de ventás para expor as imaxes, moitas pintadas con varios motivos florais. Este tipo de pregamento naceu en 1864. Ata ese momento os álbums tiñan pouca flexibilidade e debilidade na estrutura de unión, o pregramento, solventaba o problema, ao incluir fitas de algodón, facendo unha especie de bisagra que permitía abrir totalmente o libro e aumentaba a súa durabilidade.
No anverso do soporte secundario, mención de responsabilidade: L. Nóvua Vigo
No reverso do soporte secundario, mención de responsabilidade: Fotografia Hispano-Americana / Nóvua / Vigo
En formato vertical retrato masculino, de corpo enteiro, sedente e frontal. O neno viste traxe curto de mariñeiro con gorro, está sentado sobre unha árbore seca, co cóbado dereito apoiado no tronco e a man, na cabeza. De fondo un papel pintado cunha escena de mariña.
Castelán
FamAC/Foto-22//006
Mostrar nivel inferior