[Traxe de Baleares na Exposición do traxe de Madrid]
1925
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 142 x 93 mm Bo.
0
Mención de responsabilidade, cuño de tinta no reverso: `Fotografía Prast y Chavarino. / Carrera S. Jeronimo 29 / Madrid` No reverso, manuscrito a lapis: `Baleares. Nº 60`
Imaxe de medio corpo dun manequín feminino co traxe típico de Baleares incluído na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. O manequín leva un pano da cabeza de cor clara, estampado con flores e anoado lateralmente baixo o queixo; sobre o pano, un gran sombreiro de aba moi ampla, moi deteriorado no borde, e adornado cunhas flores no lateral. No busto leva unha chaqueta escura, das que se ven as mangas, e un pano branco de tule bordado; sobre o pano, tres longos colares de doas esféricas. Leva unha saia moi pregada na cintura e un mandil bordado.