Descargar
Nivel de descrición:

Expediente

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.06 - Coleccións facticias
01.07.06.02 - Coleccionismo
01.07.06.02.02 - Numismática
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15708.AMPG./01.07.06.02.02.//RBC/Caixa175-01


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Caixa175-01

1.2. Título

[Correspondencia de temática numismática de Ricardo Blanco-Cicerón]

1.3. Datas

1888 / 1926

1.4. Nivel de descrición

Expediente

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 carpeta(s) Papel.

2. Área de contexto

2.2 Historia Institucional/Biografía

Ricardo Blanco-Cicerón Núñez naceu en Tui o 27 de outubro de 1844.
Estudiou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi alcalde da súa vila natal entre 1877 e 1879. No ano 1880 regresou a Santiago onde casa con Herminia García de la Riva e comeza a exercer a avogacía.
En 1884 ingresou na Sociedade Económica de Amigos do País, foi membro non numerario da Real Academia Galega e da Sociedade Pro-monte de Santa Tegra, a mais de ocupar a vicepresidencia da Sección Arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909. Participou na creación da Sociedad Unión Obrera Benéfica e Instructiva Regional de Santiago. Foi membro do Banco Simeón (fundado por Simeón García, irmán da súa dona) entre 1918 e 1921, e tesoureiro da xunta da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Santiago. Vinculado ao carlismo galego, destacou como home de fondas crenzas relixiosas, xeneroso devoto de San Telmo, patrón de Tui, e membro das Confrarías de San Roque e Nosa Señora do Rosario de Santiago.
Destaca na súa faceta de gran coleccionista, pois chegou a reunir unha heteroxénea colección de obxectos arqueolóxicos, artísticos e antigüidades, amais dunha gran biblioteca e dun arquivo composto por documentos, fotografías, gravados e planos.
Finado en Santiago de Compostela o 1 de agosto de 1926, foi soterrado no camposanto da Confraría do Rosario en San Domingos de Bonaval.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Inclúe cartas entre Ricardo Blanco-Cicerón e diversos anticuarios, casas de moeda, numismáticos e intermediarios.

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

4.5. Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego elaborada por Iago Martínez Penabad

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Saenz-Chas Díaz, Belén, Fernando Acuña Castroviejo e María Reis Camiña Castro,`Olladas dunha época: Fotografías do fondo Blanco-Cicerón`. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego, 2009.
Exposición Galega de 1909: Conmemoración do 1º Centenario Exposición Regional Gallega Santiago 1909. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Museo do Pobo Galego, Instituto de Estudios Galegos `Padre Sarmiento`, 2010.
Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2019

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items .. 1888 (14) 1889 (30) 1890 (10) 1891 (15) 1892 (23) 1893 (1) 1895 (1) 1902 (1) 1906 (3) 1907 (1)
RBC/Caixa175-01//001 Carta de remitente ilexible a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o envío de trinta e oito moedas de cobre e dúas de prata

RBC/Caixa175-01//002 Carta de Plácido Ramos a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o retraso dunha entrega

RBC/Caixa175-01//003 Carta de Díaz de Rábago a Ricardo Blanco-Cicerón comunicando a súa visita para as cinco e media da tarde

RBC/Caixa175-01//004 Carta de Fernández y Cª a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a compra e envío dun folleto

RBC/Caixa175-01//005 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a compra dunhas moedas de bronce

RBC/Caixa175-01//006 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unha letra de 907 pesetas e un pedido de moedas

RBC/Caixa175-01//007 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unhas moedas

RBC/Caixa175-01//008 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unhas moedas gregas

RBC/Caixa175-01//009 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unhas moedas gregas

RBC/Caixa175-01//010 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o endoso dunha letra e o envío dunha caixa con moedas

RBC/Caixa175-01//011 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a recollida dunha caixa a porte pagados

RBC/Caixa175-01//012 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unhas moedas e o listado de existencias da casa de moedas

RBC/Caixa175-01//013 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unha rebaixa do 40% no prezo dunhas moedas

RBC/Caixa175-01//014 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o endoso de 1000 pesetas que cobrou e outras moedas de interese para Ricardo

RBC/Caixa175-01//015 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre envío por ferrocarril dun fardo con cartóns

RBC/Caixa175-01//016 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unhas pezas da `Nueva España`

RBC/Caixa175-01//017 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a recollida dun paquete para o destinatario e o envío dunhas improntas

RBC/Caixa175-01//018 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o cargo de 60 pesetas polo pago dunha moeda

RBC/Caixa175-01//019 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón ofrecendo unha pezas de ouro

RBC/Caixa175-01//020 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre as pezas de ouro e o seu prezo

RBC/Caixa175-01//021 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o envío dun saco con moedas

RBC/Caixa175-01//022 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre os prezos das últimas moedas

RBC/Caixa175-01//023 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre un cargo en conta

RBC/Caixa175-01//024 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre 41 medallas de prata

RBC/Caixa175-01//025 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a reserva de 22 medallas de prata

RBC/Caixa175-01//026 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unha letra de 2000 pesetas sen pagar

RBC/Caixa175-01//027 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unha letra por 2000 pesetas para a súa aprobación e cobro

RBC/Caixa175-01//028 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o cargo en conta de 240 pesetas e o endoso dunha letra de 2000 pesetas

RBC/Caixa175-01//029 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o recibo dunha letra por 600 pesetas

RBC/Caixa175-01//030 Carta de Ricardo Blanco-Cicerón a Valentín Gil sobre a recollida dunhas moedas

RBC/Caixa175-01//031 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre un envío de cartóns e unha proclamación de Felipe II

RBC/Caixa175-01//032 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o envío duns cartóns e unha medalla coa proclamación de Felipe II

RBC/Caixa175-01//033 Carta de Valentín Gil a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a venda dunha peza por 35 duros

RBC/Caixa175-01//034 Nota de Valentín Gil sobre as medallas separadas para Ricardo Blanco-Cicerón

RBC/Caixa175-01//035 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre as medallas de Carlos III, IV e Fernando VII

RBC/Caixa175-01//036 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a rebaixa no prezo dunha medallas

RBC/Caixa175-01//037 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a recollida dunha medalla

RBC/Caixa175-01//038 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o envío de 104 moedas

RBC/Caixa175-01//039 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre as novedades das que dispón

RBC/Caixa175-01//040 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o envío duns libros

RBC/Caixa175-01//041 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a reserva dunhas moedas

RBC/Caixa175-01//042 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o cargo en conta de 100 pesetas pola adquisición dunhas moedas

RBC/Caixa175-01//043 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre unha letra de 500 pesetas, e un cargo en conta de 75 pesetas

RBC/Caixa175-01//044 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a oferta dunha colección de moedas romanas nun moble

RBC/Caixa175-01//045 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o debuxo dun moble e unhas improntas de moedas

RBC/Caixa175-01//046 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o envío das improntas dunhas moedas de ouro

RBC/Caixa175-01//047 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón sobre o abono dunha letra por valor de 500 pesetas

RBC/Caixa175-01//048 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o envío dun saco con moedas por correo de lei

RBC/Caixa175-01//049 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o envío dunha nota con moedas hispano-cristiás e árabes

RBC/Caixa175-01//050 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a reserva dunhas moedas e o cargo en conta de 154 pesetas

RBC/Caixa175-01//051 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a remisión das improntas dunhas medallas

RBC/Caixa175-01//052 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a reserva dunhas moedas e informa da existencia de trinta moedas de ouro

RBC/Caixa175-01//053 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre unhas moedas coloniais

RBC/Caixa175-01//054 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, interesándose pola saúde do destinatario

RBC/Caixa175-01//055 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre as moedas reservadas para Ricardo

RBC/Caixa175-01//056 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o envío dunhas moedas vía ferrocarril

RBC/Caixa175-01//057 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre as contas de Ricardo na casa de cambio de Madrid

RBC/Caixa175-01//058 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, saúdando ao destinatario. No reverso nota manuscrita a lapis

RBC/Caixa175-01//059 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, informando sobre unha letra e acerca da colección de moedas do Sr. Medrano

RBC/Caixa175-01//060 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, adxuntando varias improntas

RBC/Caixa175-01//061 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, adxuntando varias improntas de moedas para unha futura adquisición

RBC/Caixa175-01//062 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, adxuntando varias improntas de moedas para unha futura adquisición

RBC/Caixa175-01//063 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o envío dunhas moedas con portes e seguro pagados

RBC/Caixa175-01//064 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a confirmación dun envío e adxunta novas improntas

RBC/Caixa175-01//065 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a reserva dunha moeda goda

RBC/Caixa175-01//066 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a reserva unhas moedas e cargo en conta do importe de 150 pesetas

RBC/Caixa175-01//067 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a impronta dunha medalla de Luis I

RBC/Caixa175-01//068 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o desacordo no prezo da medalla de Luis I

RBC/Caixa175-01//069 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, agardando resposta sobre unha moeda de ouro enviada anteriormente

RBC/Caixa175-01//070 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o cargo en conta do importe de 50 pesetas

RBC/Caixa175-01//071 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, informando sobre o saldo a favor do remitente de 1125 pesetas

RBC/Caixa175-01//072 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, informa sobre o saldo a favor do remitente de 1125 pesetas

RBC/Caixa175-01//073 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre os prezos de varias moedas e medallas de interese para o destinatario

RBC/Caixa175-01//074 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a venda de varias moedas de ouro

RBC/Caixa175-01//075 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o envío de varias moedas godas e outras pezas de ouro

RBC/Caixa175-01//076 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a negociación dos prezos dunha proclamación e de varias medallas

RBC/Caixa175-01//077 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o envío dun saquiño con quince pezas

RBC/Caixa175-01//078 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o envío dun saquiño con quince pezas cunha rebaixa de 50 pesetas

RBC/Caixa175-01//079 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o envío dunhas improntas de moedas que poden ser de interese para o destinatario

RBC/Caixa175-01//080 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a venda dunhas moedas de ouro

RBC/Caixa175-01//081 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o envío de oito moedas de ouro e un duro de Carlos III

RBC/Caixa175-01//082 Carta de Valentín Gil para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o cobro de 400 pesetas

RBC/Caixa175-01//083 Carta de Antonio Serra para Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a venda dunhas mitras e unhas moedas

RBC/Caixa175-01//084 Carta de Antonio Gutiérrez de Bonel a Ricardo Blanco-Cicerón, ofertando unha caixa decorada e un monetario

RBC/Caixa175-01//085 Carta de Antonio Gutiérrez de Bonel a Ricardo Blanco-Cicerón, ofertando unha caixa decorada e un monetario

RBC/Caixa175-01//086 Carta de Antonio Gutiérrez de Bonel a Ricardo Blanco-Cicerón, acerca dunha coroa de ferro

RBC/Caixa175-01//087 Carta de Antonio Gutiérrez de Bonel a Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a aparición dunhas moedas que lle poden interesar a Ricardo

RBC/Caixa175-01//088 Carta de Antonio Gutiérrez de Bonel a Ricardo Blanco-Cicerón, sobre unha moeda de prata de Carlos IV

RBC/Caixa175-01//089 Carta de Mariano Sáez a Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a compra dunhas moedas romanas de ouro

RBC/Caixa175-01//090 Carta Sr. Ramos a Ricardo Blanco-Cicerón, sobre unha medalla de bronce

RBC/Caixa175-01//091 Carta de Manuel Pérez a Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o envío dunha moeda

RBC/Caixa175-01//092 Carta de Emilio Manso a Ricardo Blanco-Cicerón, sobre as medallas conmemorativas dos presidentes da República francesa

RBC/Caixa175-01//093 Carta de Manuel B. Carro a Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a entrega dunha onza

RBC/Caixa175-01//094 Carta de José Antonio Calvo Montero a Ricardo Blanco-Cicerón, sobre as onzas de Felipe V

RBC/Caixa175-01//095 Carta de Ricardo Blanco-Cicerón a destinatario ilexible, sobre o elevado prezo dunha moedas

RBC/Caixa175-01//096 Carta de Ricardo Blanco-Cicerón a J. Schulman solicitando a lista de prezos dunhas coleccións de moedas

RBC/Caixa175-01//097 Borrador de Ricardo Blanco-Cicerón a J. Schulman, adxuntado cheque da lista auténtica de prezos de varias coleccións de moedas.

RBC/Caixa175-01//098 Borrador de Ricardo Blanco-Cicerón a J. Schulman, solicitando a remisión certificada da lista auténtica de prezos de varias coleccións

RBC/Caixa175-01//099 Borrador de Ricardo Blanco-Cicerón a J. Schulman, sobre o pago dunhas moedas

RBC/Caixa175-01//100 Carta de J. Schulman a Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o prezo dunha colección de moedas

RBC/Caixa175-01//101 Tarxeta de A. Bacqueville a Ricardo Blanco-Cicerón

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0003312RBC/Caixa175-01Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible