1 fotografía(s), carte-gabinete. : Positivo en branco e negro ; 118 x 90 mm. sobre cartón 165 x 108 mm. Papel.. Bo.
0
Imaxe copiada da obra pictórica do mesmo nome do pintor español Bartolomé Esteban Murillo (1617-1682) Goupil & Cie. foi unha empresa editora de reproduccións de arte, en gravado e fotografía, fundada en París en 1850, a continuación de maison Goupil, creada en 1829, e que durou en activo catro décadas. A carte-album formaba parte dunha colección editada por Goupil et Cie, ilustradas con imaxes copiadas das obras dos máis importantes pintores da historia da arte ata o século XIX.
No anverso, impreso: Murillo / La Vierge de Seville / Carte-Album Nº 33 - Goupil et Cie, Editeurs, Paris No reverso, impreso: Défense de colorier
Escena da Sagrada Famila. No centro da composición, e en disposición piramidal, a Virxe María co neno Xesús, a súa curmá Isabel e San Xoán Bautista. Na parte superior, o figura do Pai e a pomba do Espirito Santo.