Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.06 - Coleccións facticias
01.07.06.02 - Coleccionismo
01.07.06.02.01 - Arte
RBC/Foto-13 - Fotografias

Le Sauveur du monde
Paris. : Goupil et Cie Editeurs
1850 / 1890
1 fotografía(s), carte-gabinete. : Positivo en branco e negro ; 120 x 83 mm. sobre cartón 165 x 108 mm. Papel.. Bo.
0
Imaxe copiada da obra pictórica do mesmo nome do pintor español José de Ribera (1591-1652)
Goupil & Cie. foi unha empresa editora de reproducións de arte, en gravado e fotografía, fundada en París en 1850, a continuación de maison Goupil, creada en 1829, e que durou en activo catro décadas.
A carte-gabinete formaba parte dunha colección editada por Goupil et Cie, ilustradas con imaxes copiadas das obras dos máis importantes pintores da historia da arte ata o século XIX.
No anverso, impreso: Ribéra / Le Sauveur du monde / Carte-Album Nº 622 - Goupil et Cie, Editeurs, Paris
No reverso, impreso: Défense de colorier
Representación dun descendemento. No centro, acostado sobre o sudario e con pano de pureza, a figura de Cristo, ante a súa nai, doente. Á esquerda, María Madalena bicando os pés de Xesús. No parte superior esquerda, dous anxos portan a coroa de espiños e un dos cravos. Á dereita, de seonllos, Xoán o apóstolo suxeita a cabeza do morto; e José de Arimatea de pé, mirando ao espectador.
Francés
RBC/Foto-13//12
Mostrar nivel inferior