1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 91 x 55 mm. sobre cartón de 95 x 62 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, impreso: `Gabinete / fotográfico / de / J. Palmeiro e Hijos / Santiago
Busto de perfil á esquerda dun home de pelo curto, bigote e perilla. Vai vestido con traxe de chaqueta escuro e con camisa branca e gravata